








Colexio Bouza Brey de Vigo
Este ano os alumnos de 6º de primaria fixemos un experimento moi sorprendente e interesante.
¡Conseguimos facer un compás caseiro!
O material necesario foi: Papel satinado, un bote plástico (redondo), auga, tesoiras e unha agulla magnetizada.
Primeiro, recortamos un círculo de papel satinado, menor ca agulla. Logo botamos auga no recipiente plástico, despois colocamos o papel na auga e enriba deste a agulla magnetizada. Entón vimos como a agulla sinalou cara o norte.
Tamén estivemos facendo xogos na aula de informática.
Os xogos eran como un Trivial no que había varias seccións.
Foi moi divertido e todos o pasamos xenial.
Aínda que algúns fixeron trampa e os descualificaron, os seus compañeiros seguían pensando para gañar.
Porque agora non me acordo que senón vos dicía a páxina web para que podeirades xogar.
Un saúdo.
O voso amigo Sahuquillo. Chaoooo.
Por Sergio Sahuquillo Embade 6º P
Nesta Semana das Ciencias paseino moi ben co experimento, que por certo non me saíu moi ben, e co “Trivial” que o fixen co meu compañeiro, Juan. Tamén buscamos inventores galegos.
No experimento tivemos que:
1)Magnetizar unha agulla.
2)Encher con auga un bote de natillas.
3)Recortar un papel satinado de pequeno tamaño para colocar a agulla.
4)Colocar o papel satinado na auga e colocarlle enriba a agulla.
E de súpeto sinala o norte. Ah! esquecíame que era un compás.
No Trivial tivemos que responder a moitas preguntas. Confeso que algunhas as contestamos ao pito pito. Ademais o Trivial tiña varias seccións.
Na segunda pregunta, vin a resposta pero foi sen querer, o prometo.
Cada ano o paso mellor, será porque cada vez traballades máis nesta semana e porque o facedes máis divertido. Oxalá que o ano que ven sexa tan divertido ou máis. E a ver se deixades uns días festivos de paso.
¡Ah! esquecíame:
En informática, buscamos inventos galegos ¿sabiades que o futbolín, a calculadora e moitas outras cousas importantes son galegas? Se o sabedes ben senón xa o sabedes.
Por Diego Bea Araujo 6º Primaria
En todos os anos facemos un experimento, todos os cursos e nos, 6º Primaria, fixemos un compás, fomos ao laboratorio e os materiais eran: bote cilíndrico como o dunhas natillas e con cu redondo, imán, agulla magnetizada. Se non sabedes magnetizar a agulla é moi fácil: tes que poñer uns días antes unha agulla nun imán pegada con celo. Ademais tendes que ter papel satinado que é o das revistas pero non unha folla normal ten que ser a portada.
Para facer o experimento tes que seguir os seguintes pasos:
1º-Tes que encher o bote cilíndrico de auga
2º-Recortas un pouco de papel satinado no que caiba a agulla
3º-Pos a agulla no papel satinado na auga
4º-Esperas un momento
5º-E a agulla marcarache o Norte
¡¡¡XA TES LISTO O COMPÁS!!!
Se segues estes pasos seguro que che sairá.
Por Dennis Liñares Pereira 6º P
Este ano, na clase de 6º primaria, fixemos unha compás que era caseiro e para facelo necesitas unha agulla imantada, papel satinado e un recipiente de natilla.
Hai que seguir varios pasos para poder facer o devandito compás:
(1) Hai que encher o bote de natillas e de auga.
(2) Tes que recortar un círculo de papel satinado.
(3) Despois pos a agulla no papel satinado pero ¡coidado! que o círculo ten que ser do tamaño da agulla.
(4) Pos o papel satinado na auga e pos a agulla enriba sen que se afunda.
(5) Se se afunde o experimento non funciona.
(6) Pero se non se afunde marca o norte.
Christian Freiría Rodríguez
Si tiene dificultades para ver el video, dele a pausa, espere y vuelva a intentarlo más tarde.
Los alumnos de 6º de Primaria nunca van a estar "perdidos" ya que, han aprendido en esta V edición de la Semana de las Ciencias a construir una brújula, simplemente con un alfiler y un imán.
Por otro lado, todos se han divertido con el concurso por ordenador del trivial pero sólo había diploma para dos personas, en este caso se los han llevado Iago González y Brais González ¡enhorabuena!; y para el resto, gracias por participar, para el año que viene tendréis otra oportunidad. Si tú también quieres probar lo que sabes, puedes pinchar en el enlace que se adjunta y empezar a disfrutar...
Queremos agradecer a todos los alumnos su participación en todas las actividades.